o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo e o Club Deportivo Aurum organizan o xoves, 31 de decembro de 2020 a “V Carreira Popular San Silvestre Ourensá”.
PARTICIPANTES: Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 16 años (o día da proba) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.
INSCRICIÓNS: As inscricións realizaranse entre o 18 e o 27 de decembro de 2020 ás 23:59 h. Segundo o disposto no protocolo FISICOVID DXT GALEGO haberá un límite de 300 prazas, que se establecerán por rigoroso orde de inscrición.
PERCORRIDO: O percorrido terá unha lonxitude de 5,25 km. aproximadamente, principalmente de terra compactada e tramos de asfalto e pedra.
A Zona de Presaída e a Saída estarán situadas na explanada situada ao carón da Ponte Vella na marxe dereita do río Miño, baixo a rúa Ribeira de Canedo.
A Meta estará situada na Ponte Vella – Casa do Legoeiro.
Percorrido: Parque Ribeira de Canedo – Pasarela C.C. Pontevella – Parque Miño – Rúa Díaz de La Banda – Parque Portovello – Pasarela Avenida Ribeira Sacra – Paseo do Miño – Pasarela Oira – Paseo do Miño – Rúa Ribeiriño – Ponte Vella – Casa do Legoeiro.
PREMIOS: Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría absoluta:
HOMES MULLERES
1º – 150€ 1ª – 150€
2º – 100€ 2ª – 100€
3º – 50€ 3ª – 50€
Non se realizará cerimonia de premiacións o día da proba. Realizarase a entrega de premios na Casa do Concello de Ourense na data que lle será comunicada aos premiados.