A Real Federación Galega de Fútbol publica o Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO de volta a actividade no fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico aprobado e autorizado este mesmo martes pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que é quen establece as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado en Galicia.
Este protocolo de volta a actividade no ámbito autonómico é aplicable só en adestramentos e sen contacto, pois a día de hoxe a Xunta non permite o contacto físico na actividade deportiva.
Cabe subliñar tamén que se trata dun protocolo vivo e activo que se irá actualizando en función da evolución da pandemia, das indicacións das autoridades sanitarias, das modificacións suxeridas pola SXD e tamén polas diferentes situacións que os propios clubs e deportistas nos trasladen e que agora mesmo poden non estar rexistradas neste documento.
Desde a RFGF volvemos a apelar á responsabilidad e á prudencia de todos os federados e os responsables dos clubs en aras do cumprimento escrupuloso deste protocolo co fin de non colaborar na propagación do virus.
A RFGF nomea a Manuel Fernández Pena como coordinador para o cumplimento e seguimento do protocolo federativo e pon a disposición dos clubs e dos federados un correo electrónico para a comunicación de incidencias relativas a este protocolo: incidenciascovid@futgal.es