O pavillón de deportes dos Remedios reabre as súas portas

logo das obras de remodelación integral

– O Consello Municipal de Deportes activa dous protocolos para utilizar as instalacións
– Será necesario rexistrarse e reservar previamente na web
https://deportesourense.deporsite.net

O Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios reabrirá as súas portas o vindeiro mércores,
día 13 de xaneiro, unha vez rematadas as obras de remodelación integral deste equipamento
municipal que se desenvolveron durante os últimos meses, por importe de 1,9 millón de euros.
O proxecto, que tiña como finalidade acometer unha remodelación profunda, estética e
funcional deste equipamento, orixinal do ano 1969, executouse a través dun convenio de
colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense e foron
financiadas integramente pola Xunta.
O Consello Municipal de Deportes elaborou dous protocolos para a utilización desta
infraestrutura municipal, que conlevan importantes novidades para as persoas que utilizan as
instalacións, tanto nas reservas como no rexistro de persoas usuarias
Reservas
Co gallo de cumprir os aforos establecidos pola normativa sanitaria en vigor as persoas que
desexen utilizar as instalacións do Pavillón dos Remedios deberán efectuar unha reserva
previa, a través da web https://deportesourense.deporsite.net vinculada ao programa de xestión
de clientes do Consello Municipal de Deportes. Para reservar, hai que ser aboado/a. As
reservas poderán realizarse desde o día 13 de xaneiro.
Abonos
Para os abonos, o Consello Municipal recomenda realizar os trámites de forma telemática,
aínda que se algunha persoa o precisa, pode dirixirse ás súas oficinas na Avenida Pardo de
Cela, número 2, en horario de atención ao público.
Para darse de alta como abonado é preciso rexistrarse en
https://deportesourense.deporsite.net Unha vez na plataforma, indicar o tipo de abono que se
desexa adquirir e realizar o pago. A tarxeta poderase recoller no pavillón.
As persoas que teñan meses pendentes por consumir do abono do ano 2020, poderán
utilizalos comunicándollo ao Consello Municipal de Deportes, a través dun correo electrónico ao
enderezo: info@deportesourense.com, onde recibirán as indicacións para rexistrarse no novo
sistema. As que tiveron abono nalgún momento, aínda que non estivese activo no momento da
declaración do Estado de Alarma, deberán chamar por teléfono ao Pavillón e indicar un correo
electrónico ao que se lles enviará un enlace para acceder ao sistema
Todas as persoas interesadas poden consultar os protocolos completos na páxina web do
Concello de Ourense

Por ECO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *