O Concello de Ourense achegará as competicións deportivas aos seus seareiros a través da canle de vídeos municipal

Poderán verse os partidos dos equipos máis representativos da cidade

Ourense, 30 de outubro de 2020.-

O Concello de Ourense retransmitirá os eventos deportivos dos equipos máis significativos da cidade mentres duren as restricións impostas pola situación de pandemia, de modo que o público poida gozar dun espectáculo que agora mesmo se atopa restrinxido.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, sostén que “se porán os medios para que o estes encontros poidan ser retransmitidos en directo” a través da canle de vídeos oficial do Concello “para que os partidos que non se emitan por outros medios de información masiva poidan ser vistos en directo ou en diferido”.

Esta iniciativa conta co beneplácito dos clubs, en palabras do alcalde, para que os seareiros dos equipos teñan a oportunidade de seguir os eventos deportivos desde o seu fogar e conxugar así as medidas restritivas da pandemia coa paixón do deporte.

Por ECO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *