O Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol entregou o carné de Colexiado de Honra a Luis Soria Montero, adestrador nacional ourensán. Sen dúbida, un recoñecemento máis que merecido para unha das persoas que máis achegou ao fútbol ourensán e que, recentemente e cumpridos os 86 anos, segue a colexiarse como adestrador cada tempada.

O presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola, Iván Cancela, e o vicepresidente da RFGF, José Manuel Fernández, foron os encargados de entregar a Luis Soria o carné e a camisola da Selección Galega coa que se lle recoñece.

Cómpre salientar que Luis Soria é o presidente da Asociación Afiador de adestradores ourensáns.

Por ECO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *