O ciclocross galego está de volta. Gracias ao esfuerzo de todolos estamentos do ciclismo autonómico para tentar salvar a tempada dunha modalidade en auxe, a Copa Galicia 2020 comenzou con un calendario de seis xornadas. A primeira celebrouse este sábado dende as 10:00 horas no circuito marinense de Chan de Gagán, onde @s corredor@s de Maceda estuveron nos podiums.

Resultados da primeira Copa Galicia de Ciclocross de Marín:
Saul Lopez 2º Elite
Xiana Conde 2ª Elite Femenina
Martin Gonzalez 5º Junior
Sarela Conde 4ª Cadete Femina

O XaxanCX, organizado polo Club Ciclista XSM, estreouse con 170 inscritos. Os participantes deberon presentar un resultado negativo nun test serolóxico ou nunha proba similar (PCR ou test de antíxenos) realizada entre 24 e 72 horas antes da carreira. Unha vez que se accedeu á burbulla, o uso da máscara foi obrigatorio durante os adestramentos. Ademais, cada ciclista so podu contar cunha persoa que exerceu labores de auxiliar. O evento tivo lugar ‘a porta pechada’, sen público.

Outra das restricións afecta á inscrición, dado que nesta temporada unicamente se poden anotar nas citas do calendario galego corredores empadroados nesta comunidade. As outras cinco xornadas da Copa terán como escenario Sanxenxo (28/11), Boiro (6/12), Santiago de Compostela (8/12), O Porriño (19/12) e Maceda (20/12). Todas estas probas son de categoría 1.33.5, polo que reparten puntos para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).

Por ECO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *