José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de Alejandro Domínguez na dirección do noso equipo Prebenxamín do Pabellón EDO, que xogará en 1ª División.

Alejandro Domínguez ten o título de monitor de Fútbol. Comezou a adestrar na E.D. Ourense o ano pasado.

Como xogador iniciouse na S.D. Bande, e en idade Senior xogou no Corbelle 1812 e na S.D. Bande.

“Un dos meus maiores retos é que coñezan as súas habilidades e que aprendan a respectar aos compañeiros e rivais, pero sobre todo que saiban aceptar derrotas e vitorias. Algo que valerá para o seu futuro”.

Por ECO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *