Terceira División

A competición de Terceira División desenvolverase tamén en tres fases, das cales, a primeira corresponderá á competición regular, a segunda abarcará tres fases específicas (Segunda Fase para Segunda División RFEF, Segunda Fase pola Fase Final para Segunda División RFEF e Segunda Fase pola Permanencia en Terceira División RFEF) e a terceira corresponderá á Fase Final de Eliminatorias a Segunda División RFEF/Play Off de Ascenso a Segunda División RFEF.

Primeira Fase
A Primeira Fase ou Liga Regular (A e B) configúrase nun total de entre 18 e 22 xornadas, a disputar en cada subgrupo de 10 a 12 equipos denominados cada un deles A e B en cada un dos 18 grupos. Os clubs participantes enfrontaranse a dobre volta mediante o sistema de puntos. Os clubs que se clasifiquen nos tres primeiros postos dos 36 subgrupos accederán á Segunda Fase para Segunda División RFEF, os clasificados nos postos do cuarto ao sexto accederán á Segunda Fase pola Fase Final para Segunda División RFEF/Play Off de Ascenso a Segunda División RFEF e os clasificados do sétimo ao último lugar accederán á Segunda Fase pola Permanencia en Terceira División RFEF.

Os puntos obtidos, así como os goles, tanto a favor como en contra, arrastraranse á seguinte fase, comezando cada equipo a súa fase específica cos puntos e goles obtidos na Primeira Fase. Nos grupos de 21 e 23 equipos, calcularase o coeficiente, sendo este mesmo o que se arrastre ás fases específicas.

Como en Segunda División B, en Terceira División haberá tamén a continuación tres Segundas Fases específicas.

Tres segundas fases específicas
Na Segunda Fase para Segunda División RFEF (C), nun total de 6 xornadas participarán os clubs clasificados nos tres primeiros postos de cada subgrupo. Os equipos que participaron no subgrupo A enfrontaranse, a dobre volta, aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular. Os dous primeiros clubs clasificados de cada un dos dezaoito grupos ascenderán directamente á Segunda División RFEF e os restantes participarán na Fase Final de Eliminatorias a Segunda División RFEF/Play Off de Ascenso a Segunda División RFEF.

Na Fase polo PlayOff de Ascenso a Segunda División RFEF (D) participarán nun total de 6 xornadas os clubs clasificados do cuarto ao sexto posto de cada subgrupo. Os equipos que participaron no subgrupo A enfrontaranse, a dobre volta, aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular. Os dous primeiros clubs clasificados de cada un dos grupos clasificaranse para disputar a Fase Final de Eliminatorias a Segunda División RFEF/Play Off de Ascenso a Segunda División RFEF. Os clubs restantes participarán na Terceira División RFEF na próxima tempada 2021 / 2022.

Por último, na Fase pola Permanencia en Terceira División RFEF (E) participarán os clubs clasificados do sétimo ao último posto de cada subgrupo nun total de 10 xornadas para os grupos de 21 e 22 e de 12 xornadas para os grupos de 23 e 24. Os equipos que participaron no subgrupo A enfrontaranse, a dobre volta, aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular. Os catro primeiros clubs clasificados de cada unha das 18 táboas clasificatorias obterán a súa permanencia en Terceira División RFEF e os restantes descenderán a Categoría Territorial. Practicándose por tanto 5 descensos nos grupos de 21 equipos, 6 nos grupos de 22 equipos, 7 nos grupos de 23 equipos e 8 nos grupos de 24 equipos.

Fase Final de ascenso
A tempada en Terceira División acabará coa Fase Final de Ascenso a Segunda División RFEF/Play Off de Ascenso a Segunda División RFEF (F), que se desenvolverá mediante o sistema de eliminatorias a partido único, exercendo de local o equipo con mellor clasificación. Disputarase unha Fase Final por cada un dos 18 grupos, obtendo o seu ascenso o club vencedor de cada unha das 18 finais.

Participan os clasificados nas posicións 3ª, 4ª, 5ª e 6ª dos Grupos C e os clasificados en 1ª e 2ª (7º e 8º) posición dos Grupos D e constará de tres eliminatorias (cuartos de final, semifinais e final). O vencedor de cada unha das dezaoito finais a disputar ascenderá á Segunda División RFEF, sumándose aos outros dous equipos que ascenderon de forma directa, conformando o total de 54 ascensos, 3 en cada un dos 18 grupos de Terceira División.

Por ECO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *