Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 21 de xullo de
2020, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda no Auditorio
Municipal da cidade de Ourense na rúa da Canle, 2, Asemblea Xeral Ordinaria de socios co
seguinte
ORDE DO DÍA
1. Reflexión última sobre a proposta do Concello para a creación dun único club na cidade e
valoración da relación institucional coa corporación municipal
2. Incorporación de novos membros á Xunta Directiva
3. Estado de execución do presuposto da tempada 2019/2020
4. Aprobación do presuposto da tempada 2020/2021
5. Rolda libre de intervencións
INSTRUCIÓNS PARA ACCEDER AO AUDITORIO:
Debido ás medidas de prevención esixidas polas autoridades derivadas da crise sanitaria
provocada pola Covid-19 as persoas asistentes a asemblea deberán:
1. Ir provistos de máscara
2. Facer uso dos xeles hidroalcohólicos que se subministrarán na entrada do recinto.
3. Manter a distancia de seguridade. Para dar cumprimento a esta medida os asistentes
deberán ocupar unicamente os asentos habilitados. Recoméndase acudir a reunión con
antelación suficiente para evitar aglomeracións.
Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na
Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de
antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico
uniondeportivaourense@gmail.com.
Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos
que estén ao corrente de pago da cota social, debendo presentar o Documento Nacional de
Identidade (DNI) para poder acceder á dita Asemblea. Por último, recordar que un socio pode
representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.
