Esta es su despedida desde Facebook:

Hoxe pecho unha etapa moi importante para min. Despois de sete anos, como directivo de CD ARENTEIRO, necesito tomarme un descanso, ben sexa por motivos laborais ou simplemente por desconectar …
En todo este tempo, traballei para o club con moita ilusión e traballo, levando o nome do Arenteiro, e por suposto, o do Carballiño, por toda Galicia, como se merece esta vila que vive o fútbol con moita paixón.
Conseguín levar cos meus compañeiros ao Arenteiro ata a 3ª División, sendo presidente Xan Pinal ao principio e neste último ano Paco Cachorro.
Cando collemos o equipo estaba en Primeira Autonómica, a punto de desaparecer, e ano tras ano, levamos o equipo ata onde está agora, pasando por ascensos de categoría e ser campións da Copa Deputación. Ademáis tamén fun o responsable dende o club de xestionar a Escola Municipal de Fútbol, que pasou a ser un referente na provincia de Ourense como unha das escolas con máis equipos e xogadores.
Quero agradecer en primeiro lugar a Xan Pinal, que me deu a oportunidade de entrar na directiva do equipo, a Paco Cachorro, por seguir confiando en min, e a todos os membros das distintas xuntas directivas das que formei parte.
En segundo lugar, darlle as grazas a todos/as os/as socios/as, colaboradores, patrocinadores,…, xa que, sen todos eles, isto non se podería conseguir.
En terceiro lugar, darlle as grazas tamén aos xogadores e entrenadores, cos que tiven oportunidade de traballar durante todos estes anos.
Por último, so me queda desexarlle ao novo presidente, Argimiro Marnotes, e a nova xunta directiva moita sorte nesta nova etapa. Penso que o equipo queda en boas mans, xa que é un home ao que lle gusta o Arenteiro e vai loitar para que o club siga na mesma liña destes anos.

O Carballiño, a 3 de xullo de 2020

Manuel Sotelo Vila

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *